Xabier Diaz, Música galega contemporanea

Guillermo Fernández e Xabier Diaz

 

CANTANTE

É cantante titular da compañía Nova Galega de Danza coa que xira na actualidade co espectáculo ALENTO.

Participou no espectáculo CANTOS NA MARÉ xunto con Uxía Senlle, Chico Cesar , Manecas Costa e outros, en Pontevedra ( 2003 ).

Traballou en diversos espectáculos en directo ao lado de Amancio Prada, Luar Na Lubre, Berrogüetto, Os Cempés, etc .. É un dos artistas en cartel do espectáculo AO PE DA LETRA (Punto de encontro de varios proxectos e artistas galegos procedentes de premisas e universos musicais diferentes, que queren tomar a palabra coa vontade de situar a voz no centro das súas creacións musicais. Neste proxecto explóranse as alturas e profundidades da lingua galega no territorio da música popular contemporánea).

Ven de rematar cos músicos da compañía Nova Galega de Danza a gravación da música do primeiro espectáculo , ALENTO , polo que estiveron nominados como finalistas aos premios Max ( 2005 ) como MELLOR ESPECTÁCULO REVELACIÓN .

Participou tamén como colaborador nos seguintes traballos discográficos.

CIRCO MONTE CURUTO ( 2000 )
NIN CANTO NIN TAMPOUCO / Ruote ( 2000 )
HEPTA / Berrogüetto ( 2001 )
FUERA / Carmen Rey ( 2002 )

COMPOSITOR * PRODUTOR

MÚSICAS DE SALITRE é o primeiro traballo no que revela asúa faceta de cantante e compositor .

Foi membro fundador do grupo Rumbadeira co que ten editado tres traballos:

PARA CANTAR COMO EU CANTO ( 1995 )
RUMBADEIRA ( 1997 )
NO FAIADO DOS SOÑOS ( 1999 )

,nos que foi o productor e compositor de varios temas.

Ten participado como productor e coordinador no disco de Xiradela. XIRADELA ( 2003 )

DOCENTE

Foi mestre ( 1993-1999 ) e director ( 1996-1999 ) da escola de Música e Baile Tradicional do Concello de Ames.


O disco “Músicas de Salitre” xa está á venda.
Pódelo mercar nos puntos de venda habituais.
Escoitao aqui